Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Sábado especial para a Manda

IMG_20170318_113548O pasado sábado 18 de marzo foi un día moi especial para a nosa Manda do pobo libre: fixemos de master chefs e elaboramos as nosa propia comida! Unha rica e deliciosa pasta. Comezamos pola maña elaborando a masa para elo: primeiro lavámosnos ben as mans e despois puxémonos á faena. Baloo repartiunos nun prato de plástico a fariña, coa cal fixemos unha especie de volcán para despois botarlle un ovo dentro; unha vez feito isto comezamos a amasar e a darlle forma de todas as maneiras: apertando ben forte, batendo contra a mesa, etc… unha vez que o fixemos o envolvemos con film e o deixamos reposar. Mentres Baloo controlaba o repouso e elaboraba a rica salsa de tomate con salchichas, Irmán Gris e máis Akela xogaban cos lobatos e lobatas ao pictonary.

.

Unha vez que a masa estaba lista, empregamos a máquina para elaborar os nosos tallaríns e poder botalos na pota que xa estaba comezando a ferver. Unha vez que pasou a cocción, preparamos a mesa para desfrutar do noso traballo; a verdade é que tanto lobatas e lobatos, como vellos lobos quedamos encantados, considerando o que tiñamos feito moito mellor que o que se compra no súper, e ademais saíunos súper san porque esquecéusenos botar o sal J. De sobremesa desfrutamos dunhas ricas natillas que xa traía feitas da casa o noso cocinillas Baloo. Cando xa as estabamos a desfrutalas apareceu polo novo local o noso cordi Xulio, que viña preparar o espazo para a Tropa, así que acabamos de comer e entre todos recollemos e limpamos o que mancharamos.

Cocina

Pero isto non acaba aquí, xa que tiñamos que baixar todo o que comeramos, así que saimos a desfrutar do Lorenzo pola cidade de Ourense nunha misión imposible elaborada pola nosa Bagheera: por grupos tiñamos que sacar fotos con diferentes persoas e de maneiras diversas, o que tamén que nos permitiu traballar a boa acción. Unha vez rematou o xogo voltamos para o local e aínda tivemos tempo de xogar un ratiño antes de que viñera a familia a recollernos.

Mision

E este foi o noso súper día especial !!!!!


1 comment

Leave a Reply

Your email address will not be published.