Sempre estamos a buscar novas compañeiras e compañeiros que se sumen ao noso proxecto como animadores e responsables dos menores que temos ao noso cargo.

Pola natureza do noso traballo buscamos de xeito permanente xente para desempeñar funcións de monitor/a, aínda que eventualmente son moi benvidos xente para tarefas de apoio, especialmente en campamentos, como persoal sanitario, cociñeiros/as, deseñadores/as gráficos, etc.

Este é un voluntariado fascinante pero debes saber tamén que é bastante intensivo que require un compromiso regular no tempo. Por favor, le os requisitos e se estás interesada/o en recibir máis información cubre o seguinte FORMULARIO.

Perfil e requisitos

  • Ser maior de idade.
  • Compartir os contidos da nosa misión, visión e valores.
  • Dispor de motivación e tempo para participar dun xeito regular (se sequire unha media de 2 tardes de sábado ao mes) nas actividades coas nenas/os e para as reunións da equipa voluntaria.
  • Interese e sensibilidade para o traballo con menores e amosar unha actitude positiva e solidaria.
  • Aínda que non é imprescindible valorase a titulacións relacionadas co tempo libre ou a educación (animador/a sociocultural, monitor/a de tempo libre, director/a, TASOC, TAFAD, Educador/a Social, Mestre/a, Integrador/a Social, etc.

Ofrecémosche

A nivel persoal e social

  • Ser parte dunha equipa exclusivamente formada por persoas voluntarias, democrática e horizontal na toma de decisións do que serás parte dende o primeiro momento
  • Unha contorna moi alegre e agradable de traballo voluntario con nenos e nenas de Ourense e a súa contorna.
  • Integrarte nun proxecto asociativo fresco no que que queda moito por construír e no que estamos abertos a novas ideas e enfoques.
  • Un ambiente con moitas oportunidades para o crecemento persoal e onde poder ampliar a túa rede social con persoas con intereses semellantes aos teus
  • Ser parte do movemento de educación no tempo libre para infancia e mocidade máis grande do mundo, do que formamos parte miles de voluntarios e voluntarias en España e no que participan máis de decenas de miles de nenos/as, novos e adultos que conforman os trescentos grupos scouts que integran a nosa federación (ASDE).

A nivel académico

  • Temos convenio coa Universidade de Vigo para que o teu voluntariado scout compute como créditos de libre configuración.
  • A certificación das competencias de interese profesional que irás adquirindo a través do sistema Reconoce, que ten o aval do Instituto de la Juventud, del Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
  • Posibilidade de participar en cursos formativos recoñecidos oficialmente, como monitor/a ou director/a de actividades de tempo libre.
  • Posibilidade de formar parte de redes e participar eventos scouts dende o nivel autonómico a internacional

Outras vantaxes e posibilidades

  • Durante as actividades, como nos campamentos, cubriremos os teus gastos de alimentación, aloxamento, e outros relacionados coa túa participación voluntaria.
  • Facilitámosche un polo como roupa de traballo e que empregamos como elemento de uniformidade.
  • Ser beneficiario dun sistema de becas no que estamos traballando e que estaría dentro do programa de proxectos de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia.