Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Saímos do labirinto!

081.Todos4

Entre os días 8 e 12 de abril deste ano, 20 rapaces e rapazas da sección Tropa viaxaron ata o Parque Nacional de Invernadoiro cunha misión. Sobrevivir ao labirinto e desmontar a CRUEL. Así discorreo o campamento inspirado na saga “O Corredor do labirinto”.


Durante este campamento as patrullas organizáronse e xestionáronse por elas mesmas, asumindo moitas responsabilidades, coma a distribución de tarefas coma a cociña e a orde na habitación. Á vez tiveron que realizar actividades que lles permitirían “sobrevivir ” e saír do labirinto.

081.Todos0

Loitando pola súa liberdade, tiveron que pasar por distintas probas; os 4 días estiveron cheos de emoción e aprendizaxe, onde rapaces e rapazas aprenderon a importancia do coidado e respeto do medio ambente, gozando na natureza e levando a cabo accións para súa protección.

Traballando en equipo, as patrullas elaboraron caixas para o refuxio dos páxaros do bosque.

Caixas niño

Tamén recibiron a visita, autorizada por CRUEL, de Xandre, un experto en arqueoloxía que lles ensinou antigas técnicas que lles permitirían sobrevivir no labirinto: fabricar cordas, facer lume, cazar con lanzas…

Arqueoloxía

Así mesmo, as patrullas se adentraron na ruta “das troitas”, onde non só descubriron paisaxes maravillos e puideron coñecer máis sobre a fauna do lugar, senón que tiveron que pasar distintas probas para rematar a ruta con éxito.

BeFunky 3

Durante este campamento camiñamos moito, o que por outra banda nos compensou coa visita dun raposo. Pero tamén nos deu tempo para moitas outras actividades: aprendimos a conducta PAS, coñecimos o cambio climático e valoramos diferentes solucións, mollámonos co escultismo, xogamos, bailamos e cantamos…

BeFunky Collage4

Por último, e coma xa é habitual nos campamentos, tivemos novas promesas! Lara da patrulla Aguias, Sandra da patrulla Rinocerontes e Uxúe da patrulla Linces, comprometéronse co movemento.

041.Promesa1

041.Promesa3a

041.Promesa6

041.Promesa10

02.Comezo1


Leave a Reply

Your email address will not be published.