Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Multimedia

Aquí tendes algúns vídeos, de diferentes orixees, con información sobre actividades e valores scout cos que poderás entender millor as nosas motivacións e método de traballo.

Vídeo promocional do noso grupo para desterrar tópicos erróneos e presentar o noso traballo educativo e a tipoloxía das nosas actividades.

Vídeo institucional ASDE- Scouts de Galicia que explica que somos e que facemos.

¿Qué son los scouts?. Magnífico vídeo realizado polo Grupo Scout San Cristobal de Alboraya (Valencia) que lle fixo merecedor dun premio e que explica moi ben o que facemos e como sentimos ser scout.

Just scout it. Gran peza dos scouts belgas que en pouco máis de tres minutos nos contan as bases e características do noso traballo. Está en francés pero con subtítulos en castelán.

Claves del método scout Enxeñoso vídeo realizado por un grupo scout salmantino que transforma unha publireportaxe comercial para explicar algúns dos fundamentos máis importántes do noso método

Memoria 2015 de ASDE – Scouts de España. Recompila de xeito resumido toda a actividade federal realizada durante o ano.

La promesa scout. Vídeo que explica a simboloxía e o transfondo do momento máis importante na vída dun scout.

Soy scout – SacaTuLadoScout. Un youtuber scout, que tamén é scouter creou este estupendo e divertido vídeo que explica algunhas cousas sobre a nosa identidade.

Camina – Videoclip da canción co que se comemorou o centenario da chegada do escultismo a España (1912-2012)

Cambiar el mundo –  Videoclip do single do Disco Scout, un disco confeccionado coa participación de músicos famosos para axuda a recadar fondos para as labores dos grupos scout.

Hay razones para seguir dejando un mundo mejor” é unha xenial adaptación dun anuncio dun popular refresco que nesta ocasión aproveita para facer un breve pero revelador percorrido numérico sobre o impacto positivo do escultismo. Moi recomendable.

Leave a Reply

Your email address will not be published.