Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

A Tropa recorrerá o Parque Natural O Invernadeiro

FolletoSe aproximan as vacacións de Semana Santa, e por suposto parte delas as pasaremos de campamento. Nesta ocasión achegarémonos ao Parque Natural O Invernadeiro, situado no término municipal de Vilariño de Conso. Aloxarémonos no Aula da Naturaleza de Ribeira Grande, onde pasaremos 4 días, do 8 ao 11 de abril, e que servirá de base para as nosas actividades scout.

O Parque Natural O Invernadeiro é un dos espazos montañosos máis auténticos de Galicia, en parte grazas a que se trata dun área inmensa e totalmente despoboada. Non faltan as oportunidades de ver lobos, xabarís, corzos, aguias… Ideal para unha aventura!

As instalacións están estupendamente equipadas, durmiremos en dormitorios e desfrutaremos de auga quente. Que vai frío? Non é excusa!

Aínda non quedaches convencido/a? Iso é porque aínda non sabes que este campamento estará ambientado na saga de libros e películas “O corredor do labirinto”. Xa podes esquecer todo o que creas coñecer, porque o que os elixidos verán a partir de agora non o viron nin nos seus soños.

Non deixes pasar esta oportunidade de pasar unha experiencia scout e de aventura,  ampliar o teu círculo de amizades, a ser máis autónomo e gañar confianza superando os pequenos retos que supón a vida en comunidade de campamento.

O prazo límite de inscrición é o xoves 30 ás 23:59 horas.

 

Benvidos/as ao CLARO

A quen vai dirixido?

Este campamento está dirixido a rapazas e rapaces de 11 a 14 anos, o que nos scouts chamamos a Tropa. Todas as actividades estarán orientadas para rapaces e rapazas desta ideade.

Neste campamento participarán rapaces e rapazas que xa desenvolven actividades scout todo o ano con nós, pero tamén está aberto á participación doutros nenos e nenas que queiran coñecer as nosas actividades e que terán neste campamento unha oportunidade fantástica para coñecer e esperar o gusto pola exploración e as aventuras scouts.

ES47

Que actividades imos facer

Estamos de vacacións e imos a divertirnos a base de ben facendo xogos e divertidas dinámicas, explorando a contorna natural, talleres, cociñar, rutas, veladas, bailes e cancións, etc. Todas nos axudarán a coñecernos, a gañar autonomía e gozar da vida na natureza.

PG65

Temática

A actividade estará ambientada no mundo da saga “O corredor do  labirinto”, onde un grupo de rapaces viven illados nun claro, onde organízanse nunha sociedade propia. Diariamente saen a explorar o labirinto que rodea o claro… tendo que resolver todos os problemas e retos que se lles plantexan, mentres tratan de pescudar que fan alí.

CRUEL 2

¿Que custe ten?
  • 30,00 euros para socios/as do noso grupo.
  • 40,00 euros para non socios/as do grupo.
Equipamento recomendable

Todos os participantes recibirán unha carta na que se lles detallará a equipación básica que han de levar, que non é nada especial, e a documentación que deberán de entregar para facer efectiva a súa participación.

SR14

Experiencia: Os nosos anteriores campamentos

Se queres coñecer un pouco mellor como son os nosos campamentos, animámoste a que lle botes un vistazo ás crónicas dos nosas anteriores experiencias:

 Tes algunha pregunta máis?

Non dubides en porte en contacto con nós para facernos chegar calquera pregunta ou suxestión enviando un correo electrónico a gruposcoutilex@gmail.com indicando teu teléfono para poder respostarche, se prefires que che contestemos por este medio.

Inscricións

Solicita a túa praza dun xeito rápido e sinxelo a través do seguinte formulario e nuns días recibirás a confirmación e toda a información para prepararse para a aventura.

O prazo límite de inscrición é o xoves 30 ás 23:59 horas.

preinscrición campamento


Leave a Reply

Your email address will not be published.