Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Uniforme

O uniforme scout é igual en todos os grupos scouts que estamos integrados en ASDE -Scouts de España e consta exclusivamente dun polo e o pano propio do grupo.

A confección e venda do uniforme está en mans de varios provedores oficiais. Para facilitar ás familias con integrantes do noso grupo a adquisición do uniforme creamos este servizo de compra unificada que permite reducir os gastos de envío. O uniforme ten un custo de 18,00 euros e podes encargárnolo a través do seguinte formulario.

Se desexas afondar nesta materia, puedes atopar máis información e a lista de provedores oficiais na sección de uniformidade da web de ASDE- Scouts de España.