Se na casa hai algún rapaz ou rapaza con ansias de aventura e quere probar a divertirse nas nosas actividades, por favor, cubride o formulario que figura ao final desta páxina para que poidamos saber do voso interese e mandarvos información.

Prazas

Aínda que nos gustaría aceptar a todos os rapaces e rapazas que desexan formar parte do noso colectivo, debemos de limitar as prazas dispoñibles atendendo á capacidade de carga da nosa equipa de persoas voluntarias e a criterios de calidade educativa e seguridade. A asignación de vacantes atenderase en función da seguinte orde de criterios combinada: equilibro de xénero na sección; parentesco con outros participantes e/ou conciliación familiar; orde na lista de espera.

  • Manda (sección temporalmente pechada)
  • Sección Scout (nados/as entre 2012 e 2010)
  • Unidade Esculta (nados/as entre 2009 e 2007)
  • Clan (nados/as entre 2006 e 2003)

Cotas

Todo o noso persoal é estritamente formado por voluntarias e voluntarios polo que os custes que temos son baixos, pero hai determinados gastos (aluguer de locais, seguros, formación de scouters, equipamento, materiais para as actividades, etc.) que requiren que teñamos que cobrar unha pequena cota que nos permita cubrilos. A maioría dos campamentos e algunha actividade especial poden supor custes extra por participante. En canto a cota podes optar entre:

  • Cota ORDINARIA. Cuatrimestre = 65 € / anualmente = 195 €
  • Cota SOLIDARIA. Cuatrimestre= 75 € / anualmente = 225 €

Taxas actualizadas para a xeira solar 2023/24. Os cuatrimestre abarcan de setembro- decembro/ xaneiro-abril / maio-agosto.

A cota solidaria é un instrumento voluntario que nos permite crear un pequeno fondo para cubrir a participación de rapazas e rapaces en risco de exclusión social cuxas familias non poden custearse, en todo ou en parte, a participación dos seus fillos/as. Aquí podes coñecer os criterios e normas de asignación desta axuda e o formulario para solicitala.

Anótate para recibir máis información

Por favor, deixa os teus datos de contacto cubrindo o formulario para que poidamos contactar contigo.

→[ACCESO AO FORMULARIO] ←

Este formulario non te compromete. A súa finalidade e soamente recabar datos de contacto de persoas interesadas e así poder enviarlle información máis detallada. Este formulario está sempre aberto, haxa ou non prazas vacantes, xa que con el xeramos unha lista de espera para os periodos nos que aumentamos prazas ou se quedan prazas dispoñibles.