Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Tropa (de 11 a 14 anos)

Nados entre os anos 2004-2006, inclusive.

Estamos organizados en pequenos grupos: Pat. Aguias, Pat. Rinocerontes, Pat. Linces e Pat. Esquíos nos que nos preparamos como exploradores e exploradores, aprendendo a orientarnos con mapa e compás; a adestrarnos en facer nós para construir cabañas e vivacs con troncos e ramas, a utilizar o código morse para comunicarnos ao lonxe, a facer lume de xeito seguro e cociñar con el no monte. E por suposto todo no medio de moitos xogos e actividades deportivas. Coa axuda dos nosos monitores falamos das aventuras que nos gustaría vivir e as imos preparando nos mesmos!

 

SS27