Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Uncategorized

Lumes Nunca Máis

Despois dunha semana negra onde a serra do Xurés ardeu de lado a lado, onde a provincia de Ourense se cubríu de cinza obstaculizando así a entrada dos raios do sol e difuminando o azul, chegou o domingo. Hoxe en menos de 24 horas os arredores de Vigo víronse afectados por 80 lumes facendo que […]

Actividade coas familias

O método scout ten como actores fundamentais a educadores e educandos, máis a familia das nosas rapazas e rapaces é unha terceira pata do trípode que sostén o colectivo, polo que tamén o seu papel na metodoloxía scout. Nesta ocasión no inicio de curso queremos resevar unha actividade que nos permita coñecernos un pouco mellor, creando un espazo horizontal onde tamén podamos aprender […]

EcoFormación para iniciarse no mundo scout

Estamos organizando unha actividade para adultos na que presentar a nosa metodoloxía educativo. Nesta pequena formación iniciaremos ás persoas participantes, dun xeito lúdico e entretido, os principios e bases do noso traballo educativo e a metodoloxía que empregamos para levala a cabo.

EcoCampamento Scout … en marcha!

Un novo comezo de rolda e novas aventuras empezan a xurdir e como é xa tradicional empezamos cun campamento ¡que é o que máis nos gusta facer! E para esta ocasión desprazámonos ata Lalín, ata a zona de Mouriscade que goza dun entorno natural inmellorable para un campamento no que a premisa ambiental será fundamental, demostrando […]

Campamento de verán “Aventuras Scouts”

O verán xa está á volta da esquina. Os días son máis longos e o solciño quenta ata ben tarde. Que mellor época para desconectar ao aire libre? Queremos invitar a todos aqueles rapaces e rapazas de 8 a 14 anos a vivir unha aventura única no noso campamento de verán, que terá lugar do […]

Campamento de verán: fai voluntariado!

Nos scouts tratamos de promover unha educación integral e a implicación social de nenos/as e xóvenes, traballando coa ilusión de construir un mundo mellor. Pero tamén dámoslle a oportunidade a persoas adultas de traballar con este fin, ademais de gañar experiencia e confianza no traballo con menores e, por suposto, gañas de pasalo ben.

Saímos do labirinto!

Entre os días 8 e 12 de abril deste ano, 20 rapaces e rapazas da sección Tropa viaxaron ata o Parque Nacional de Invernadoiro cunha misión. Sobrevivir ao labirinto e desmontar a CRUEL. Así discorreo o campamento inspirado na saga “O Corredor do labirinto”.

Sábado especial para a Manda

O pasado sábado 18 de marzo foi un día moi especial para a nosa Manda do pobo libre: fixemos de master chefs e elaboramos as nosa propia comida! Unha rica e deliciosa pasta. Comezamos pola maña elaborando a masa para elo: primeiro lavámosnos ben as mans e despois puxémonos á faena. Baloo repartiunos nun prato […]

A Tropa recorrerá o Parque Natural O Invernadeiro

Se aproximan as vacacións de Semana Santa, e por suposto parte delas as pasaremos de campamento. Nesta ocasión achegarémonos ao Parque Natural O Invernadeiro, situado no término municipal de Vilariño de Conso. Aloxarémonos no Aula da Naturaleza de Ribeira Grande, onde pasaremos 4 días, do 8 ao 11 de abril, e que servirá de base para […]

Sábado de compromiso coa protección do medio ambiente

Ser scout significa adquirir compromiso, e este compromiso ten moitas formas. Un deses xeitos nos que materializamos o noso compromiso cos demáis e a través de actividades de servizo público como a que fixemos esta fin de semana, demostrando as fondas raices que conectan o ecoloxismo co noso movemento educativa.