Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

EcoFormación para iniciarse no mundo scout

formación scout para persoas voluntariasEstamos organizando unha actividade para adultos na que presentar a nosa metodoloxía educativo. Nesta pequena formación iniciaremos ás persoas participantes, dun xeito lúdico e entretido, os principios e bases do noso traballo educativo e a metodoloxía que empregamos para levala a cabo.

Desterra da túa cabeza a idea de que os e as scouts somos rudos espartanos, segregados por sexos, con tintes militaristas ou ligados a unha confesión relixiosa. Somos un movemento educativo moderno e transformador. Danos a oportunidade de presentarche o que somos e se che gusta, pois poidas considerar facer o voluntarido xunto con nós.

Esta formación é totalmente gratuita e inclúe aloxamento, manutención, seguros, formadores e materiais.

O transporte ata o lugar de realización do campamento, o Albergue de Vilar de Ordelles, corre pola túa conta. Para participar so tes que inscribirte a través do seguinte formulario e tes de prazo ata as 20:00 h. do día 28 para apuntarte (prazas limitadas). Debes de levar saco de durmir e o xantar do primeiro día. Para saber como chegar podes consultar aquí a localización do albergue.

formación scout

 

As actividades comezan ás 12:00 horas do día 31 de setembro e rematarán as 19:00 horas do día 1 de outubro co seguinte

Programa da actividade

Día 30 de setembro

12:00 Contextualiación e aspectos básicos do método e organización scout.
14:00 Xantar (cada quen trae o seu)
16:15 Introdución á metodoloxía da Sección Esculta (formada por rapazas e rapaces de 14 a 17 anos)
20:15 Dinamica Educación & Escultismo. Como dar coherencia e conxugar os valores educativos co trasfondo tradicional
21:00 Cea
22:30 Intercambio horizontal de xogos e cancións

1 de outubro

09:00 Almorzo
10:00 Técnica scout básica I. Formación práctica sobre uso seguro de ferramentas e familiarización cos nós e amarres máis básicos.
14:000 Xantar
16:00 Módulo 2 técnica básica. Elaboración de construcións sinxelas de campamento (tendais, toldos, mobiliario sinxelo, etc.)
19:00 Final do evento

 

Esta actividade forma parte do noso proxecto Inicativa Xove, subvencionado pola Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia.

formación scout

 


Leave a Reply

Your email address will not be published.