Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Actividade coas familias

13458499_592224574272014_3469277997352630851_oO método scout ten como actores fundamentais a educadores e educandos, máis a familia das nosas rapazas e rapaces é unha terceira pata do trípode que sostén o colectivo, polo que tamén o seu papel na metodoloxía scout. Nesta ocasión no inicio de curso queremos resevar unha actividade que nos permita coñecernos un pouco mellor, creando un espazo horizontal onde tamén podamos aprender uns dos outros e facer achegas para un mellor desenvolvemento da nosa actividade.

Por este motivo animamos á todas as “nosas” familias a que reserven o día para transladarse a Lalín e pasar o día tamén en familia, pero na gran familia scout do Grupo Scout ILEX! As actividades comezarán as actividades, con un pequeno xogo que nos axudará a coñecernos un pouquichiño mellor e logo facer unha breve ruta todos xuntos, familias, educandos e scouters, para coñecer o valioso patrimonio ambiental das fragas da zona onde, ademáis de gozar dos seus valores naturais, comprenderemos mellor o valor intrínseco dos nosos montes e porque debemos de comprometernos coa súa conservación e contribuir a evitar os incendios forestais, que son uns dos máis importantes e graves problemas ambientais do noso páis.

Tras a camiñata, na que seguro que abrimos o apetito, teremos un xantar comunitario en base as xenerosas achegas das familias participantes. Despois, mentras a rapazada segue coa súa programación de campamento as nais e pais dos cativos teredes unha reunión con parte do equipo e scouters para coñecer como vai ser a organización desta xeira solar, datas claves, detalles do funcionamento de cada sección e, por suposto, tamén tempo para preguntas e propostas.

12120139_499566476871158_3262126043121227896_o

O programa de actividades terá lugar lugar no Albergue Xuvenil Vicente Agulló, na contorna da área recreativa de Mouriscade, Lalín (Pontevedra) entre as 11.00 e as 17:30 h.¡Non faltedes!

inicitiva xove

Facelo así é posible grazas á axuda da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que grazas ao seu programa de Iniciativa Xove facilita os recursos económicos para poder desenvolver esta gran oportunidade.


Leave a Reply

Your email address will not be published.