campamento de inverno no Xurés

EcoCampamento Scout … en marcha!

Un novo comezo de rolda e novas aventuras empezan a xurdir e como é xa tradicional empezamos cun campamento ¡que é o que máis nos gusta facer! E para esta ocasión desprazámonos ata Lalín, ata a zona de Mouriscade que goza dun entorno natural inmellorable para un campamento no que a premisa ambiental será fundamental, demostrando que o scout e a scout aman e protexen a Natueza.

As nais e pais de aquelas rapazas e rapaces que queiran participar nesta estimulante experiencia so deben de cubrir o seguinte formulario de preinscrición. A data límite de inscrición será o 4 de outubro, e o 5 daremos as listas definitivas de admitidos, sen embargo trataremos de facelo con anterioridade unha vez completemos as prazas. Unha vez confirmadas as prazas, remitirémoslles ás familias a información sobre os horarios de entrega e recollida, material que deben de levar, normas do campamento, xunto cunha ficha máis completa. [Actualización: o prazo de inscrición xa rematou]

Subvencionado

inicitiva xove

Facelo así é posible grazas á axuda da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que grazas ao seu programa de Iniciativa Xove facilita os recursos económicos para poder desenvolver esta gran oportunidade.

Que inclúe?

A participación gratuita cubre os gastos de manutención e aloxamento (que faremos entre albergue e tendas de campaña), transporte en autobús de ida dende Ourense, materiais e as actividades que desenvolverán os nosos monitores e monitoras voluntarios coa experiencia e a cualificación necesaria.

Onde será?

O bus sairá o venres 6 de outubro dende o noso local (Pena Trevinca, 32 baixo) ás 17:15 da tarde camiño do albergue municipal de Mouriscade, en Lalín. A actividade rematará as 17.30 aproximadamente do día 8.

Actividades

O campamento terá actividades diferenciadas e adaptadas por grupos de idade dos participantes. Iso si, todas e todos porán a proba as súas cualidades de exploración da contorna e porán especial atención ao coidado do medio ambiente e como minimizar o noso impacto. E coma bos exploradores e exploradoras montarán a súa propia tenda de campaña, cociñarán co apoio dos monitores e monitoras unha cea de campaña, cantarán ao redor do lume e iranse afacendo a recoñecer algunhas das constelacións máis senlleiras, e por suposto tanto uns coma outros se divertirán con moitos xogos que lles iremos propondo ao longo deste pequeno campamento

campamento de inauguración 2016 1.

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.