Apúntate ao Campamento de Nadal para Exploradores/as!

campamento de nadalpreme para ampliarSe queres vivir parte das túas vacacións de Nadal dun xeito diferente, en pleno contacto coa Natureza, aquí tes unha estupenda oportunidade para vivila neste campamento de Nadal a través de numerosas actividades na que sentirás unha auténtica experiencia como explorador/a aprendendo a usar mapas e compás, rutas buscando indicios e pistas mentras imos descubrindo o patrimonio natural da contorna e facendo novos amigos e amigos.

Un campamento de Nadal que terá 4 días de emocións e aventuras, entre o 26 e o 29 de decembro, baixo o coidado dun experimentado equipo de monitores e monitoras, que desenvolverán todo un programa de divertidas actividades. Achegate ao mundo scout con esta aventura que compartirás con outras rapazas e rapaces da túa idade (entre os 8 e os 13 anos) nas fermosas terras da Ribeira Sacra ourensana, contando coa colaboración do Concello de Esgos que pon a nosa disposición o seu Albergue de Vilar de Ordelles.

Convivirás con auténticos scouts dos que aprenderás técnicas de supervivencia e se che gusta a experiencia sempre te podes sumar ao noso grupo e participar nas actividades semanais que organizamos ao longo de todo o ano.

O prezo da actividade para persoas que aínda non son socias é de 49 euros. Podes solicitar a túa preinscrición neste campamento de Nadal para recibir máis información a través do formulario que ven a continuación.

2 replies
  1. monse
    monse says:

    Hace unos dias inscribi a mi hijo en vuestro campamento de nadal y todavia no he recibido ninguna comunicacion de si esta admitido o no. Como puedo saberlo? Algun telefono de contacto.
    Mis datos son Montserrat Ferreiro Rodriguez – Lalin

    Responder

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.