Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Sábado de compromiso coa protección do medio ambiente

plantación de árboles en Palmés, OurenseSer scout significa adquirir compromiso, e este compromiso ten moitas formas. Un deses xeitos nos que materializamos o noso compromiso cos demáis e a través de actividades de servizo público como a que fixemos esta fin de semana, demostrando as fondas raices que conectan o ecoloxismo co noso movemento educativa.

scouts contemplan vistas de Ourense

Na nosa Lei Scout xa dicimos que “o/a scout ama e protexe a Natureza” pero que ninguén vaia a pensar que so é un slogan valeiro de contido. Somos persoas de acción e gústanos converter as palabras que definen os nosos valores en feitos e sendo os incendios forestais un dos grandes problemas do noso territorio quixemos achegarnos novamente a Palmés, un monte mancomunado do noso municipio moi afectado polas lapas hai un par de veráns, para continuar o noso labor ambiental contribuindo modestamente á rexenerar o noso monte.

scouts recogiendo basura en el monte

E non estabamos sos, pois contamos coa colaboración de Amigos da Terra e a Aula da Natureza do Miño que estiveron con nos para desenvolver os traballos achegando seus valiosos coñecementos e asesoramento. Pero tamén temos que agradecer a colaboración da Concellería de Medio Ambiente que nos faciliou o transporte de ida e volta, e ao Colexio dos Maristas de Ourense que nos emprestou ferramentas, pero moi especialmente temos que amosar a nosa gratitude ao programa Voz Natura, pois co seu apoio económico estamos a poder facer esta e outras actuacións ambientais ata mediados de abril.

scouts en Palmés

A chuvia complicou un pouco os traballos pero nin o mal tempo pode acabar co espíritu scout nen seu compromiso por construir un mundo mellor, así que aínda que non puidemos plantar todas as árbores previstas puidemos facer igualmente unha achega ambiental significativa na que tamén aproveitamos para retirar moito lixo que atopamos na zona. Rematamos a xornada cun xantar todos xuntos e unha ruta polos montes de Naves tendo a oportunidade de coñecer as ruinas do mosteiro que alí se agocha.


Leave a Reply

Your email address will not be published.