yuka é scout

Yuka apúntase aos scouts

Dende a empresa Yuka Animación e Lecer, especializada en animacións infantís e na que traballas algúns doso nosos voluntarios e voluntarias, entenden o noso compromiso educativo e sempre están dispostos a colaborar co noso grupo. A súa icónica persoaxe Yuka, un trasno que vive noutra dimensión, que é o protagonista das súas animacións ben de sumarse aos scouts e xa luce a nosa pañola scout.

Yuka repartirá, nas vindeiras festas infantís nas que participe, unhas volandeiras promocionais do noso grupo scout nas que se convida aos rapaces de 8 a 14 anos a coñecer o fabuloso mundo da exploración e dos campamentos scouts.

Yuka é scout. Folleto distribuido.

Agradecemos enormemente a esta humilde empresa, pequena en tamaño e xigante en ilusión e bo facer, a súa colaboración para que poidamos facerlle chegar ás familias de Ourense e a súa contorna a nosa proposta educativa e oferta de actividades.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.