Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Queremos ser máis!

Queremos achegar a nosa proposta educativa a máis familias da nosa cidade e para iso comezamos a facer un gran esforzo para darnos a coñecer a mediados de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar e a poucas semanas de iniciar as nosas actividades.

Máis información sobre as nosas actividades scouts

Se acabas de coñecernos e queres recibir máis información para inscribir a un rapaz ou rapaza por favor, emprega o seguinte formulario, ou se tes 20 ou máis anos e queres formar parte da nosa equipa de voluntariado escríbenos.

Por iso creamos este vídeo grazas ao traballo profesional de Victor Barro, de produtora Fotos con Letra, que fixo un estupendo traballo que pensamos que nos axudará a desterrar algúns dos tópicos erroneos e negativos que ten o mundo scout e tamén coidamos que presenta moi ben as actividades e a nosa filosofía.

carteis scouts en busesAcompañando este esforzo, 40 buses da flota de Urbanos de Ourense levarán durante un mes cartelería promocional do noso grupo co que confiamos poder chegar a un bo número da poboación de Ourense, polo que agradecemos enormemente á concesionaria a súa desinteresada colaboración na nosa campaña.

E como sabemos que o mellor xeito de coñecernos e probar as nosas actividades imos abrir este novo ciclo anual con dúas actividades abertas e totalmente gratuitas. A primeira será un día de portas abertas para que as nosas rapazas e rapaces conviden ás súas amizades a experimentar un día de actividade e a segunda será un campamento onde os novos terán a oportunidade de vivir e compartir as nosas aventuras en contacto coa natureza no estupendo entorno natural da Serra de San Mamede, en As Corcerizas. Estas dúas últimas actividades desenvólvense coa axuda do programa Iniciativa Xove, da Xunta de Galicia.

Queres axudarnos coa difusión?
  • Comparte o vídeo nas túas redes sociais e envíao familiares e coñecidos con fillas ou fillos ás que lles poida interesar
  • Convida ás túas amizades a seguir a nosa páxina en Facebook, que á nosa principal canle de información.
  • Comenta con outros pais e nais a vosa experiencia familiar nos scouts e infórmalles das actividades abertas e gratuitas coas que seus nenos poden probar sen compromiso.

Leave a Reply

Your email address will not be published.