Foto de grupo ao final do primeiro campamento do Grupo Scout Ilex 959

Proba a experiencia scout cun campamento ¡gratuito!

campa de inauguración 2016/17Xa estamos de volta para a nova ronda 2016/2017! E debido á boa acollida que tivemos o ano pasado, comezamos cun novo campamento de 3 días totalmente gratuíto para rapazas e rapaces de 8 a 16 anos.

Queremos celebrar o reinicio das actividades cun campa accesible para todo o mundo, onde reencontrarnos coas rapazas e rapaces que nos acompañaron a ronda pasada, pero tamén queremos darlle a oportunidade a outros nenos e nenas de coñecernos e probar e gozar de primeira man esta experiencia de aprendizaxe e crecemento. Estamos seguros de que resolveremos as vosas dúbidas acerca do noso xeito de traballar.

Facelo así é posible grazas á axuda da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que grazas ao seu programa de Iniciativa Xove facilita os recursos económicos para poder ofrecervos esta gran oportunidade.

Podes baixar o folleto informativo aquí.

.

Día límite de inscrición: 4 de outubro ou ata cubrir prazas. Na asignación de prazas terán preferencia aquelas persoas que vivan no concello de Ourense ou localidades próximas.

Que inclúe?

A participación gratuita cubre os gastos de manutención e aloxamento (que faremos entre albergue e tendas de campaña), transporte en autobús de ida e volta dende Ourense, seguros, materiais e as actividades que desenvolverán os nosos monitores e monitoras voluntarios coa experiencia e a cualificación necesaria.

Onde será?

O bus sairá o venres 7 de outubro pola tarde (hora pendente por determinar) e voltará o domingo 11 ás 19:00 horas. O aloxamento estará situado no Albergue As Corcerizas (42.1938862407, -7.53330588341), na serra de San Mamede.

campamento de inauguración 2016 1Actividades

O campamento terá actividades diferenciadas e adaptadas por grupos de idade dos participantes. Iso si, todas e todos porán a proba as súas cualidades de exploración da contorna. E coma bos exploradores montarán a súa propia tenda de campaña, cociñarán co apoio dos monitores e monitoras unha cea de campaña, cantarán ao redor do lume e iranse afacendo a recoñecer algunhas das constelacións máis senlleiras, e por suposto tanto uns coma outros se divertirán con moitos xogos que lles iremos propondo ao longo deste pequeno campamento.

campamento de inauguración 2016 2
¿Scouts?

Si queres saber máis do que somos e o que facemos bótalle un vistazo a este vídeo

Preinscrición

As nais e pais de aquelas rapazas e rapaces que queiran participar nesta estimulante experiencia so deben de cubrir o seguinte formulario de preinscrición. A data límite de inscrición será o 4 de outubro, e o 5 daremos as listas definitivas de admitidos, sen embargo trataremos de facelo con anterioridade unha vez completemos as prazas. Unha vez confirmadas as prazas, remitirémoslles ás familias a información sobre os horarios de entrega e recollida, material que deben de levar, normas do campamento, xunto cunha ficha máis completa.

Tamén se convocará unha reunión informativa previa para que poidan coñecer á equipa educativa e resolver as posibles dúbidas que tiveran.

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.