Imos de magosto

bonfire-832737_1920

Este próximo sábado imos de magosto e pasar un día xuntos. Así iremos coñecendo un pouco millor e de seguro que nos imos divertir moito tamén. Será unha moi boa oportunidade, non so de aproveitar unha celebración tradicional da nosa cultura ancestral, senon que tamén será unha boa ocasión para empezar a practicar habilidades scout como por exemplo aprender non so a facer un bo lume, senon a tomar todas as medidas de prevención e seguridade para evitar adecuadamente calquera tipo de problema relacionado con el. Tamén será un bo xeito de empezar a facer algo de cociña “de campaña” na que nos próximos campamentos iremos afondando e que nos fará sentir uns auténticos exploradores e exploradoras

Imos quedar, como é habitual, na porta do Espazo Xove (Casa da Xuventude) ás 10:30 da mañá, e unha vez reunido o grupo, partiremos ao monte a desenvolver a nosa xornada de actividades que incluirá facer, como non!, unha boa fogueira, cociñar algunha delicia orixe porcina e por suposto unhas boas castañas. Esta actividade no medio do monte estará perfectamente aderezada por unha boa escolma de xogos que estamos a preparar, cantaremos algunhas cancións ao redor do lume e xa voltaremos a casa sen que se faga moi tarde pois ás 18:30 estaremos xa de volta na Casa da Xuventude e de aí de volta a casa de cada quen.

castañas magosto

Como sempre agradeceríamosvos moito que nos avisedes de quenes ides vir e quenes finalmente non poderán asistir, pois isto facilitará moito a nosa labor de programación. Lembrade que podedes traer a amigas e amigos para pasar o día con nós, pero antes temos que facer algúns papeleos para que queden baixo a cobertura do seguro, polo que debedes avisarnos con antelación.

Aquí vos deixamos o mapa da nosa ruta e o lugar exacto onde imos facer o magosto, Para aqueles/as que teñen que marchar antes ou que van a chegar un pouco tarde o punto de encontro será no Colexio de Mende (que é o último edificio grande que aparece na ruta), ata onde se pode chegar en vehículo sen problema. Cando estedes aí nos chamades e imosvos buscar, que estamos xa so a 5 minutos.

Aquí vos deixamos tamén a carta informativa en relación á actividade que entregamos ás familias o pasado sábado, na que se recomenda que deben de traer, e que como todas as cartas de actividades están sempre dispoñibles no apartado de documentación.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.