Igualdade por un mundo mellor

Vídeo musical do Grupo Scout Ilex sobre a igualdade de xénero

Na última reunión as nosas rapazas e rapaces traballaron a creatividade dentro do marco da igualdade de xénero. Tras un alarde de habilidades artísticas e interpretación obtivemos como resultado este estupendo videoclip que pon de manifesto o valor da igualdade e que non debemos deixarnos encaixonar polos roles que culturalmente veñen asignados a cada xénero. Con isto deixamos patente o noso interese pola educación a través das risas e a diversión. O escultismo e os valores van sempre da man.

Na realización participaron tanto as seccións de Manda coma o de Tropa. O vídeo foi rodado nas instalacións do Espazo Xove de Ourense. A canción que o harmoniza é “Revoltosa”, do grupo Bongo Botrako.

Na planta baixa expóñense os roles de xogo clásico, onde os grupos fórmanse segregados por sexo. Pero… isto ten que ser así? Ao avanzar o vídeo polos niveis superiores do edificio a situación vai dando a volta, descubríndose que tanto mulleres como homes temos idénticas responsabilidades e capacidades. Imos seguindo a rapazas, rapaces e scouters cos símbolos sexuais… rosa o masculino, azul o feminino e laranxa o intersexual.

No segundo andar descubrimos que “a casa é cousa de tod@s”. Represéntanse as responsabilidades no fogar e no eido laboral, vendo coa súa correspondente normalidade de que calquera pode ocuparse das tarefas domésticas, que mozos e mozas poden traballar nun taller mecánico ou como directivos empresariasi, ou mesmo ocupando cargos públicos importantes.

No terceiro andar podemos atopar “mulleres no rugbi, homes no ballet”. Móstrase como calquera, independentemente do seu sexo, pode realizar calquera deporte ou actividade. O único importante é facer o que che gusta!

No cuarto andar vemos que “non só hai heroes, tamén hai heroínas”. O valor, o honor, a fortaleza… non son cuestión de xénero, son cuestión de persoas! Por iso neste vídeo podemos ver como unha valente princesa derrota a un dragón e rescata ao seu príncipe.

E xa no último andar, todos xuntos, mesturados, bailando e cantando, en apoio á igualdade de xénero!

E por certo, non busquedes a Kaa nas imaxes… xa que foi o noso entregado e sacrificado cámara, montador e director desta produción audiovisual. Os nosos máis sinceros parabéns por este gran traballo!

 

1 reply
  1. Esteban
    Esteban says:

    Que video máis divertido e o mesmo tempo que importante ensinar ós rapaces que todos poden e deben facer de todo.
    Un mundo de persoas é máis forte que un mundo que separa mulleres de homes.

    Noraboa Grupo Ilex.

    Responder

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.