En patrulla facemos camiño

Encabezado

O pasado sábado a Tropa pasou unha xornada de ruta e natureza. A actividade realizouse separada por patrullas, comezando a desenvolver o traballo propio da patrulla e aproveitando esta xornada para desenvolver a súa identidade.

Antes de comezar a ruta, tanto Tropa coma Manda fixeron unha lectura dun conto, “O Mundo das Cores”. Con este conto traballamos a perspectiva de xénero e a educación en igualdade: por que os nenos non poden chorar, e por que as nenas non poden xogar á pelota?

Patrulla Rinocerontes

Os cinco membros da Patrulla Rinocerontes realizaron unha ruta de camiño aos Castros de San Tomé. Alí puidemos visitar as escavacións dun conxunto histórico onde se asentaron varias civilizacións, romanos e prerromanos, fai máis de dous mil anos. Aproveitando a información dos paneis e os nosos propios coñecementos, aprendemos un pouco máis sobre a historia deste lugar.

Tamén houbo tempo para outras actividades:

Fixemos unha dinámica sobre uso de drogas, onde pescudamos os prexuízos do tabaco.

Profundamos sobre as actividades que lles gustaría facer como patrulla: cabuyería, sendeirismo, protección do medio natural…

Fixemos un pequeno simulacro dunha situación de emerxencia. Parece que os coñecementos adquiridos no taller de primeiros auxilios calaron bastante ven. E xa teñen sanitario!

Se aproveitou para facer bosquexos da súa bandeira e tentar sacar o lema e o grito de guerra. Rinocerontes, valentes e resistentes!

No camiño de volta, xa pola tarde, aproveitamos para ir recollendo o lixo que atopamos polo camiño. Como non podía ser de outro xeito.

Collage

Patrulla Águias

aguilaTres membros da patrulla Águias realizaron a ruta de Montealegre. Unha vez alí fixemos unha visita guiada co persoal do parque botánico na que nos explicaron a procedencia de diferentes árbores e algunhas curiosidades sobre os usos que se facían na antigüidade.

Finalizada a visita fixemos outras actividades:

O grupo profundou acerca do lema e o grito de guerra da patrulla, que permanecerán intactos mentres exista esta patrulla e formarán parte da sua historia. Se traballou nestes asuntos de identidade, obtivéndose grandes ideas que serán custiodiadas polo secretario ata a próxima vez.

Coma os Rinocerontes, os Águias tamén fixemos unha dinámica na que se escolleron as actividades favoritas para facer como patrulla: ir de acampada, facer construcións, facer rutas en bici, practicar tiro de arco, participar en veladas do terror, facer comida ao aire libre, actividades de escalada e andar en canoa.

Antes de rematar a xornada, xuntámonos para tomar a merenda e fixemos unha dinámica sobre o uso das drogas e un experimento no que pudimos ver tanto os perigos do tabaco coma as consecuencias que ten xa dende o primeiro “piti”.

Collage

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.