Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Uncategorized

A Manda súbese polas paredes!

Todo o mundo tranquilo. Non é que os nosos pequerrechos cachorros estén enfadados senón que a finais do pasado xaneiro tiveron a fantástica oportunidade de ter unha primeira achega ao mundo da escalada da man dos nosos sempre dispostos amigos e amigas do Club Alpino Ourensán que nos prepararon una marabillosa sesión mañaneira para descubrirnos […]

Campamento Xogwarts de maxia e feiticería

26 de decembro do 2016. Era un día fresco e soleado. Xuntámonos no punto de encontro. Alzando a mirada, podíase distinguir unha sinal: Andén 9 e ¾. A maxia estaba a piques de comezar. Así comezou o noso campamento de inverno, que se desenrolou entre o 26 e 29 de decembro. O autobús Expreso nos […]

Vacacións na Natureza no Xurés, no noso campamento de inverno

Este ano a nosa actividade polas vacacións de Nadal transládase á marabillosa contorna do Parque Baixa Limia – Serra do Xurés, no concello raiano de Muiños. Asentarémonos no refuxio de Albite, da Federación Galega de Montaña, que será a base do noso campamento de inverno e dende a que desenvolveremos as aventuras scout que imos protagonizar. Esta […]

Tempo de magosto!

O pasado domingo día 13 de novembro reunímonos Manda e Tropa para pasar un día xuntos co gallo da celebración do tradicional magosto e así tamén coñecernos un pouquiño máis xa que a nosa actividade está moi centrada, pero como ten que ser, en cada unha das seccións.

Montealegre estaba triste pero agora quedou contento e limpo

A nosa “Lei scout” di que as persoas scouts amamos e protexemos á natureza, e estamos moi orgullosos de non facer desta sentencia so unha declaración de principios senón máis ben un principio de acción. E por iso a nosa interrelación co medio ambiente non se basea soamente en gozar da contorna nas actividades ao […]

Exploramos as Corcerizas

Comezamos a ronda con moitísima ilusión! Os días 7, 8 e 9 de outubro 52 persoas, entre lobetos e lobetas, tropeiras e tropeiros, e scouters, pasamos un fin de semana de campamento fantástico mentres exploramos a Serra de San Mamede. Neses 3 días deunos tempo a facer un montón de cousas, queredes saber ver que? […]

Campa de verán: guinda final a un ano único

Noites de verán con miles de estrelas, acampadas afastadas da civilización, divertidas cancións a voz en grito, retos máis que superados, apertas e moitas, moitas emocións. O campamento de verán constituíu unha experiencia marabillosa na que todas e todos aprendemos mentres nos divertíamos, crecendo a partir das responsabilidades e da autonomía que a vida nun […]

Proba a experiencia scout cun campamento ¡gratuito!

Xa estamos de volta para a nova ronda 2016/2017! E debido á boa acollida que tivemos o ano pasado, comezamos cun novo campamento de 3 días totalmente gratuíto para rapazas e rapaces de 8 a 16 anos. Queremos celebrar o reinicio das actividades cun campa accesible para todo o mundo, onde reencontrarnos coas rapazas e […]

Queremos ser máis!

Queremos achegar a nosa proposta educativa a máis familias da nosa cidade e para iso comezamos a facer un gran esforzo para darnos a coñecer a mediados de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar e a poucas semanas de iniciar as nosas actividades. Máis información sobre as nosas actividades scouts Se acabas de coñecernos […]

Paisaxes espectaculares para momentos extraordinarios

O pasado 4 e 5 de xuño, xuntámonos co Club Alpino Ourensán para desenvolver unha actividade conxunta de sendeirismo a través das fermosas e singulares paisaxes da Ribeira Sacra que adornan o Concello de Parada do Sil, onde establecimos o noso campamento base para estes dous días de aventura. Una vez chegamos, xuntámonos todos para, dende o […]