Estaremos na Feira do Voluntariado

cartel feira voluntariado ourense 2015Este sábado 5 de decembro é o Día Internacional do Voluntariado e a Oficina de Voluntariado do Concello de Ourense organiza unha pequena mostra de entidades de voluntariado na nosa cidade, de xeito que as persoas con inquedanzas poidan atopar onde prestar o seu tempo e en que actividades.

Nos seremos unha das entidades que estarán ali, expondo o noso traballo e buscando novas incorporación para a nosa crecente equipa educativa e de colaboradores.

Se queres achegarte a coñecer o noso traballo e o de outras ONG con presencia na nosa cidade estás convidada/o a pasarte pola Sala Valente (antiga sede do Banco de España) na rúa do paseo, a partir das 11:00 horas ata ás 14:00 e dende as 16:00 ás 20:00 horas.

Podes acceder ao programa completo de actividades que a cidade organizou para este día pinchando sobre o cartaz da esquerda para amplizar a imaxe.

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.