campamento scout en Tomiño

Campamento de inverno. Explorando a fronteira!

Unha boa exploración ten sempre lugar en zonas alonxadas e en territorios con posibilidades de aventura, e por iso transalados a nosa busca de emocións do campamento de inverno a unha zona costeira na fronteira co veciño Portugal, concretamente nas terras do municipio pontevedrés de Tomiño. Un entorno estupendo cunha zona de albergue no que desenvolveremos coma sempre as nosas actividades de campamento scouts entre o 26 e 29 de Decembro.

O complexo onde nos imos aloxar é un albergue de peregrinos que conta con todo o necesario para non pasar frío e desfrutar da estancia, esta instalación disporá de liteiras, auga quente, cociña….

vistas desembocadura do Miño

A quen vai dirixido?

Como en cada actividade de campamento que emprendemos, os rapaces e rapazas estarán repartidos en grupos de idade desenvolvendo actividades acordes aos seus intereses e capacidades. Por un lado a Manda (para quen teña entre 8 e 10 anos) a Tropa (para quenes teñen entre 11 e 14 anos) e por ultimo a Esculta (dende os 14 aos 17 anos) Cada grupo terá a súa programación e equipo de monitores/as propio aínda que compartiremos tamén algunhas actividades en conxunto..

Cocina

Neste campamento participarán rapaces e rapazas que xa desenvolven actividades scout todo o ano con nós, pero tamén está aberto á participación doutros nenos e nenas que queiran coñecer as nosas actividades e que terán neste campamento unha oportunidade fantástica para coñecer e esperar o gusto pola exploración e as aventuras
scouts.

Actividades

Estamos de vacacións e imos a divertirnos a base de ben facendo xogos e divertidas dinámicas, explorando a contorna natural, talleres, cociñar, rutas, veladas, bailes e cancións, etc. Todas nos axudarán a coñecernos, a gañar autonomía e gozar da vida na natureza.

campamento de inverno no Xurés

Temática

Outra fronteria que exploraremos será a dixital. O campamento estará ambientada na maior canle social que existe actualmente que é Youtube. Hoxe en día, moitos nenos e nenas pasan mais tempo en internet que vendo a televisión. Por iso con esta temática queremos adornar todas as actividades do campamento.. A nivel educativo traballaremos con dous grandes enfoques: o primeiro cunha orientación mais lúdica e creativa nos servirá para que gravaremos os nosos propios contidos, facendo un videoclip e algún que outro sketch; e o segundo eixo será xa un pouco mais reflexivo sobre o uso das novas tecnoloxías e como utilizalas, que loxicamente estará adaptado ás idades de cada unha das seccións.

promo campamento en youtube

Custes

  • 40,00 euros para socios/as do noso grupo (os irmáns pagan 35,00 euros por praza)
  • 60,00 euros para non socios/as do grupo

A costa de incrición cubre os gastos de alimentación, transporte de ida e volta (dende Ourense), seguros, actividades e material.

Equipamento

Todos os participantes recibirán unha carta na que se lles detallará a equipación básica que han de levar, que non é nada especial, e a documentación que deberán de entregar para facer efectiva a súa participación.

Inscricións

Solicita a túa praza dun xeito rápido e sinxelo a través do seguinte formulario e nuns días recibirás a confirmación e toda a información para prepararse para a aventura. O prazo límite de inscrición é o domingo 17 ás 23:59 horas.

 

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.