Aprendemos primeiros auxilios

Primeiros auxiliosUnha das mellores formas de levar a cabo o noso lema scout, é estar sempre listos cando sucede algún accidente, no cal nós esteamos alí para prestar axuda. O coñecemento de primeiros auxilios é unha ferramenta necesaria tanto no campo, na escola, no traballo, no fogar, e en cada unha das actividades que realizamos día a día.
Os primeiros auxilios son atencións temporais e inmediatas que require unha persoa cando sufre un accidente, e que se realizan no lapso de tempo que transcorre ata a chegada do persoal médico. E para realizar estas atencións adecuadamente é necesario adquirir os coñecementos do que se debe facer nestes casos, algo que pode salvar vidas.

Para elo, o pasado sábado os nosos scouts de Tropa participaron nun taller de primeiros auxilios onde aprenderon e practicaron as nocións básicas sobre o tema. Aprendemos os números de emerxencia aos que chamar en caso de accidente; a norma básica para calquera acción: Protexer – Axudar – Socorrer (PAS); como actuar fronte a rozaduras e feridas, roturas, hemorraxias nasais, queimaduras e atragantamentos; como protexer a persoas inconscientes ou gravemente feridas; practicamos diferentes tipos de vendaxes; e aprendemos a recoñecer paradas cardio-respiratorias e a reaccionar fronte a elas ao ritmo da música.

O taller foi impartido por Cris, formadora especialista en primeiros auxilios, e tamén nai da nosa lobata Uxúe. Agradecemos enormemente a súa colaboración. Agora os nosos tropeiros están preparados fronte a situacións de emerxencia e poderán prestar un bo servizo.

Collage
Velaquí unha mostra da técnica de reanimación cardiopulmonar que aprenderon e practicaron.

Ademais, na última hora do taller contamos coa radioafeccionada Noe, de Radio Fedello. Con ela fixemos un programa de radio onde scouts e scouters da sección Tropa contamos as nosas impresións e experiencias no mundo do escultismo. Proximamente teremos o podcast do programa. Moitas grazas tamén e ela!

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.