Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

A Manda súbese polas paredes!

EscaladaMandaTodo o mundo tranquilo. Non é que os nosos pequerrechos cachorros estén enfadados senón que a finais do pasado xaneiro tiveron a fantástica oportunidade de ter unha primeira achega ao mundo da escalada da man dos nosos sempre dispostos amigos e amigas do Club Alpino Ourensán que nos prepararon una marabillosa sesión mañaneira para descubrirnos este completo deporte que require tanto de axilidade como de valentía. (máis…)


Campamento Xogwarts de maxia e feiticería

26 de decembro do 2016. Era un día fresco e soleado. Xuntámonos no punto de encontro. Alzando a mirada, podíase distinguir unha sinal: Andén 9 e ¾. A maxia estaba a piques de comezar.

Así comezou o noso campamento de inverno, que se desenrolou entre o 26 e 29 de decembro. O autobús Expreso nos levou ao campamento Xogwarts, máis coñecido pola xente de a pé (muggles) coma albergue de Albite, na Serra do Xurés. Aquí desfrutamos dun campamento inmersos no mundo de Harry Potter, aprendendo feitizos, facendo pócemas e loitando contra os magos escuros.

_MG_1674

(máis…)


Vacacións na Natureza no Xurés, no noso campamento de inverno

promo_campa_inverno_2016_bEste ano a nosa actividade polas vacacións de Nadal transládase á marabillosa contorna do Parque Baixa Limia – Serra do Xurés, no concello raiano de Muiños. Asentarémonos no refuxio de Albite, da Federación Galega de Montaña, que será a base do noso campamento de inverno e dende a que desenvolveremos as aventuras scout que imos protagonizar.

Esta instalación está estupendamente equipada e conta con aloxamento en liteiras, calefacción e auga quente, ademáis un espacioso comedor cunha fabulosa cheminea.

Non deixes pasara esta oportunidade de vivir unha auténtica experiencia scout nun dos lugares de maior valor ambiental de toda Galicia. Una experiencia para ampliar o teu círculo de amizades, a ser máis autónomo e gañar confianza superando os pequenos retos que supón a vida en comunidade de campamento.

O prazo límite de inscrición é o mércores 21 ás 23:59 horas.

 

(máis…)


Tempo de magosto!

magosto2016

O pasado domingo día 13 de novembro reunímonos Manda e Tropa para pasar un día xuntos co gallo da celebración do tradicional magosto e así tamén coñecernos un pouquiño máis xa que a nosa actividade está moi centrada, pero como ten que ser, en cada unha das seccións. (máis…)


Montealegre estaba triste pero agora quedou contento e limpo

_mg_1851

A nosa “Lei scout” di que as persoas scouts amamos e protexemos á natureza, e estamos moi orgullosos de non facer desta sentencia so unha declaración de principios senón máis ben un principio de acción. E por iso a nosa interrelación co medio ambiente non se basea soamente en gozar da contorna nas actividades ao aire libre, senón que son tamén estamos comprometidos activamente coa súa conservación.
(máis…)


Exploramos as Corcerizas

Ruta tropa

Comezamos a ronda con moitísima ilusión! Os días 7, 8 e 9 de outubro 52 persoas, entre lobetos e lobetas, tropeiras e tropeiros, e scouters, pasamos un fin de semana de campamento fantástico mentres exploramos a Serra de San Mamede.

Neses 3 días deunos tempo a facer un montón de cousas, queredes saber ver que? Seguide lendo e mirade as fotos!

(máis…)


Campa de verán: guinda final a un ano único

PortadaNoites de verán con miles de estrelas, acampadas afastadas da civilización, divertidas cancións a voz en grito, retos máis que superados, apertas e moitas, moitas emocións. O campamento de verán constituíu unha experiencia marabillosa na que todas e todos aprendemos mentres nos divertíamos, crecendo a partir das responsabilidades e da autonomía que a vida nun campamento supón.

O venres 24 de xuño comezou o que serían seis días de acampada con diversión sen parangón. Saímos cedo en autobús dende Ourense rumbo ao Centro Scout Abeiro, nas inmediacións da cidade de Santiago, unha viaxe amenizada polas cancións que comezamos a aprender. E nada máis chegar debíamos coñecernos, así que… a xogar!

(máis…)


Proba a experiencia scout cun campamento ¡gratuito!

campa de inauguración 2016/17Xa estamos de volta para a nova ronda 2016/2017! E debido á boa acollida que tivemos o ano pasado, comezamos cun novo campamento de 3 días totalmente gratuíto para rapazas e rapaces de 8 a 16 anos.

Queremos celebrar o reinicio das actividades cun campa accesible para todo o mundo, onde reencontrarnos coas rapazas e rapaces que nos acompañaron a ronda pasada, pero tamén queremos darlle a oportunidade a outros nenos e nenas de coñecernos e probar e gozar de primeira man esta experiencia de aprendizaxe e crecemento. Estamos seguros de que resolveremos as vosas dúbidas acerca do noso xeito de traballar.

Facelo así é posible grazas á axuda da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que grazas ao seu programa de Iniciativa Xove facilita os recursos económicos para poder ofrecervos esta gran oportunidade.

Podes baixar o folleto informativo aquí.

.

Día límite de inscrición: 4 de outubro ou ata cubrir prazas. Na asignación de prazas terán preferencia aquelas persoas que vivan no concello de Ourense ou localidades próximas.

(máis…)


Queremos ser máis!

Queremos achegar a nosa proposta educativa a máis familias da nosa cidade e para iso comezamos a facer un gran esforzo para darnos a coñecer a mediados de setembro, coincidindo co inicio do curso escolar e a poucas semanas de iniciar as nosas actividades.

Máis información sobre as nosas actividades scouts

Se acabas de coñecernos e queres recibir máis información para inscribir a un rapaz ou rapaza por favor, emprega o seguinte formulario, ou se tes 20 ou máis anos e queres formar parte da nosa equipa de voluntariado escríbenos.

(máis…)


Paisaxes espectaculares para momentos extraordinarios

Portada

O pasado 4 e 5 de xuño, xuntámonos co Club Alpino Ourensán para desenvolver unha actividade conxunta de sendeirismo a través das fermosas e singulares paisaxes da Ribeira Sacra que adornan o Concello de Parada do Sil, onde establecimos o noso campamento base para estes dous días de aventura.

Una vez chegamos, xuntámonos todos para, dende o miradoiro principal, abraiarnos coas fabulosas vistas do Canón dos Sil para seguidamente, emprender camiño en rutas diferentes para cada unha das sección, Manda e Tropa, adecuadas as diferentes capacidades propias de cada grupo de idade.

(máis…)