Campamento no Xurés para estas vacacións de inverno

Se queres vivir parte das túas vacacións de Nadal dun xeito diferente, en pleno contacto coa Natureza, aquí tes unha estupenda oportunidade para vivila neste campamento de Nadal a través de numerosas actividades na que sentirás unha auténtica experiencia como explorador/a aprendendo a usar mapas e compás, rutas buscando indicios e pistas mentras imos descubrindo o patrimonio natural da contorna e facendo novos amigos e amigos.

Un campamento de Nadal que terá 4 días de emocións e aventuras, entre o 26 e o 29 de decembro, baixo o coidado dun experimentado equipo de monitores e monitoras, que desenvolverán todo un programa de divertidas actividades. Achegate ao mundo scout con esta aventura que compartirás con outras rapazas e rapaces da túa idade (a partir dos 8 anos) nas fermosas terras do paraiso natural da Reserva da Biosfera do Xurés – Gêres, concretamente na aldea de Albite, en Muiños, nas instalación do refuxio de montaña das que dispón alí Federación Galega de Montaña coa que mantemos un convenio de colaboración.

refuxio de Albite, en Muiños

Convivirás con scouts da túa idade e monitoras e monitores dos que aprenderás técnicas de supervivencia e se che gusta a experiencia sempre te podes sumar ao noso grupo e participar nas actividades semanais que organizamos ao longo de todo o ano.

O prezo da actividade para persoas é de 80 euros (mesmo prezo para as persoas socias como as que veñan por vez primeira). Podes solicitar a túa preinscrición neste formulario antes do 6 de decembro, para recibir máis información a través deste formulario.

Aqui vos deixamos foto da última vez que estivemos alí de campamento, no 2017, onde agora moitas daquelas rapazas e rapeces son agora as e os scouters (monitoras e monitoras).