Comezamos a tempada 26/27!
Un ano máis comezamos una xeira solar, que é como lle chamamos ao novo curso. Para dar a coñecer o que facemos este vídeo de aquí abaixo, polo que xa pasaron uns anos, está plenamente vixente para dar idea do noso labor.
En resumo podemos dicirvos que facemos as nosas actividades os sábados pola tarde, de 16.30 a 19.30 horas, e desenvolvemos campamentos dentro do periodos das vacacións escolares, en inverno, primavera e verán.

Estamos, como sempre, abertos a que novas persoas entren a disfrutar da vida scout, polo que se aínda non sodes parte do grupo, convidámosvos a recibir máis información facendo a aquí a vosa preinscrición.
Reunión informativa
Se queres coñecernos mellor, organizamos unha reunión informativa o sábado 26 de setembro, ás 16.30 horas, para as familias, tanto para as interesadas, as que empezan ou as que levan xa anos con nós, para que poidades coñecer a equipa educativa, facernos a preguntas que consideredes e mesmo para que coñezades a outras familias e a súa experiencia no noso grupo. Será no noso local en Avda. de Zamora, 47 baixo.

Arrancamos co “Campamento de inauguración”
Como cada ano o comezo regular das actividades inicia cun campamento de fin de semana, do 3 ao 4 de outubro. Unha actividade moi importante na que ir facendo cohesión e arrancar coa organización cada sección. O campamento terá lugar no albergue do Centro Equal, en Coles. Este campamento sérvenos para por en marcha cada sección, acoller as novas persoas que a integran e familiarizarse coa metodoloxía, repartir responsabilidades e sobre todo para divertirse e facer ou reforzar as amizades que son a base da nosa vida scout.

É un campamento para persoas membro do grupo, pero que tamén abrimos a familiares e amizades das nosas integrantes, para que poidan así coñecer e probar o que facemos e así namorarse do noso xeito de traballar e unirse a nosa gran familia scout, con coñecemento de causa!

Lembrade que é preciso facer a inscrición previa a través deste formulario e pagar a cota da actividade, que é de 30,00 euros. Se achega información máis detallada e específica a través das canles habituáis para as familias. O campamento rematará cun xantar nas instalacións do Centro Equal (en Coles (Ourense) es A Barra, s/n, 32.152 Coles) á que todas as familias estades convidadas a participar, traendo comida para compartir, o domingo 4 de outubro.



