Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Equipa educativa

SC07Estas son as persoas que formamos a equipa educativa .

Baloo (Miren Alonso Álvarez)

Estudei Relacións Internacionais e Economía Política Internacional e este ano farei o Máster de Profesorado. Creo que outra educación é posible, e disto a metodoloxía scout é un exemplo marabilloso. Pero penso tamén que outra educación é, ademais, necesaria, se queremos vivir nun mundo máis xusto, máis democrático e máis humano. Son monitora de tempo libre e traballo dende 2010 neste eido, e estou moi ilusionada con este proxecto educativo que estamos a desenvolver!

Daniel Caramés Rodríguez

O longo dunha vida coma scout brindoume a ocasión de facer da educación non formal a miña paixón, e a miña formación encouzada neste sentido. Formei parte do Grupo Scout Hércules 283 tanto coma scout coma educador, e a miña formación atópase relacionada a este eido, en educación social, infancia, tempo libre, ámbitos socioculturais e metodoloxía scout específica. Tomei parte tamén en múltiples proxectos xuvenís de alcance nacional e internacional.

Kaa (Juan Cruz González Fernández)

Estudando Ciclo superior de Producción de Audiovisuales Radio e Espectáculos en Ourense. Fun scout durante 7 años no Grupo Scout Axouxere e actualmente son profesor de patinaxe. Entre as miñas aficións está a maxia, tocar a guitarra, e xa dentro da parte deportiva gústame practicar skate, hóckey liña e patinaxe.

Irmá Gris (Sara González Grandío)

Estou cursando Educación Social na universidade de Vigo e ademáis disto, son monitora de lecer e tempo libre. Iniciei a miña andaina polos scouts non fai moito, o cal chegou para darme conta da gran calidade educativa que presenta a súa metodoloxía e espertar o meu interés por seguir coñecendo e poder aportar parte de min a este proxecto educativo.

Bran López Luengo

Estou recén licenciado en Bioloxía e gústame moito a vida nos campamentos, aos que fun sempre dende pequeno con moito entusiasmo e onde espertou a miña vocación para converterme en monitor, sendo este ata o de agora o traballo onde más satisfaccións obtiven. Non teño experiencia no mundo scout pero gústame moito o enfoque educativo e proambiental que ten.

Xulio López Pérez

Biólogo de formación, a miña vida laboral e asociativa estivo ligada dende sempre a defensa do medio ambiente e a educación ambiental como eixo principal, pero tamén no eido do tempo libre exercendo de monitor dende 1997. En 2010 coñecín e vivín o movemento scout participando no Grupo Scout Hércules 283 (A Coruña) quedando namorado do seu poderoso e transformador método educativo.

Carla L. Mendes Eleuterio

Entrei nos scouts na miña adolescencia e gocei moito de toda a miña etapa nese entorno ata chegar a ser monitora. Agora quero tamén axudar a outras rapazas e rapaces a ter a oportunidade de vivir esta gran experiencia mentras continúo os meus estudos universitarios en Educación Social.

Bagheera (Adrián Novoa Rodríguez)

Son traballador social aínda que case toda a miña carreira profesional a desenvolvín no eido da educación non formal. Apaixoado polos campamentos, son por enriba de todo son animador e profe de teatro. Miña experiencia scout consiste a duas semanas nun proxecto europeo en Austria, no que quedei impresionado polas actividades que facían e dado que creo fondamente no valor e potencial do ensino non formal estou entusiasmado por formar parte deste ilusionante proxecto. E con moitas gañas de aprender

Akela (Pablo Ovalle Álvarez)

Estudante do Grao en Educación Social na Universidade de Vigo. Dende fai 7 anos levo traballando no eixo da educación non formal principalmente no tempo libre e na animación sociocultural. Gústame traballar moito coa infancia e a miña primeira experiencia scout foi o ano pasado no Grupo Scout Axouxere de Ourense no que me namorei de esta metodoloxía e agora estou moi entusiasmado con este proxecto que acaba de comezar.

Luis Penín Gutiérrez

Son Integrador Social actualmente estudante do Grao en Educación Social na Universidade de Vigo. Estiven algúns anos nun grupo scout de Ourense sendo este de MSC. Traballo no tempo libre en diferentes actividades dende fai un tempo. Con moitas ganas de este novo proxecto do que estamos a falar.

Agustín Pérez Meiriño

Aínda que laboralmente traballo en labores administrativos nunha ONG, unha das miñas paixóns foi sempre o eido do ocio e tempo libre. Lebo anos exercendo como monitor e director de tempo libre e levo estes últimos anos centrándome na dirección da Escola de Ocio e Tempo Libre de Cáritas en Ourense.

Isis Sanmartín Sanmartín

Estou a finalizar os meus estudos de Educación Social. FIxen o pasado ano unha pequena incursión nun grupo scout como parte das miñas prácticas do curso de Monitora de Ocio e Tempo Libre.e gustoume a metodoloxía polo que este ano quero adentrarme máis neste mundo que semella un entorno moi potente para traballar dende a persepectiva da educación non formal.

SE24

Leave a Reply

Your email address will not be published.