Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Lumes Nunca Máis

Despois dunha semana negra onde a serra do Xurés ardeu de lado a lado, onde a provincia de Ourense se cubríu de cinza obstaculizando así a entrada dos raios do sol e difuminando o azul, chegou o domingo. Hoxe en menos de 24 horas os arredores de Vigo víronse afectados por 80 lumes facendo que […]

Actividade coas familias

O método scout ten como actores fundamentais a educadores e educandos, máis a familia das nosas rapazas e rapaces é unha terceira pata do trípode que sostén o colectivo, polo que tamén o seu papel na metodoloxía scout. Nesta ocasión no inicio de curso queremos resevar unha actividade que nos permita coñecernos un pouco mellor, creando un espazo horizontal onde tamén podamos aprender […]

EcoFormación para iniciarse no mundo scout

Estamos organizando unha actividade para adultos na que presentar a nosa metodoloxía educativo. Nesta pequena formación iniciaremos ás persoas participantes, dun xeito lúdico e entretido, os principios e bases do noso traballo educativo e a metodoloxía que empregamos para levala a cabo.

EcoCampamento Scout … en marcha!

Un novo comezo de rolda e novas aventuras empezan a xurdir e como é xa tradicional empezamos cun campamento ¡que é o que máis nos gusta facer! E para esta ocasión desprazámonos ata Lalín, ata a zona de Mouriscade que goza dun entorno natural inmellorable para un campamento no que a premisa ambiental será fundamental, demostrando […]

Campamento de verán “Aventuras Scouts”

O verán xa está á volta da esquina. Os días son máis longos e o solciño quenta ata ben tarde. Que mellor época para desconectar ao aire libre? Queremos invitar a todos aqueles rapaces e rapazas de 8 a 14 anos a vivir unha aventura única no noso campamento de verán, que terá lugar do […]

Sábado de compromiso coa protección do medio ambiente

Ser scout significa adquirir compromiso, e este compromiso ten moitas formas. Un deses xeitos nos que materializamos o noso compromiso cos demáis e a través de actividades de servizo público como a que fixemos esta fin de semana, demostrando as fondas raices que conectan o ecoloxismo co noso movemento educativa.

A Manda súbese polas paredes!

Todo o mundo tranquilo. Non é que os nosos pequerrechos cachorros estén enfadados senón que a finais do pasado xaneiro tiveron a fantástica oportunidade de ter unha primeira achega ao mundo da escalada da man dos nosos sempre dispostos amigos e amigas do Club Alpino Ourensán que nos prepararon una marabillosa sesión mañaneira para descubrirnos […]

Vacacións na Natureza no Xurés, no noso campamento de inverno

Este ano a nosa actividade polas vacacións de Nadal transládase á marabillosa contorna do Parque Baixa Limia – Serra do Xurés, no concello raiano de Muiños. Asentarémonos no refuxio de Albite, da Federación Galega de Montaña, que será a base do noso campamento de inverno e dende a que desenvolveremos as aventuras scout que imos protagonizar. Esta […]

Tempo de magosto!

O pasado domingo día 13 de novembro reunímonos Manda e Tropa para pasar un día xuntos co gallo da celebración do tradicional magosto e así tamén coñecernos un pouquiño máis xa que a nosa actividade está moi centrada, pero como ten que ser, en cada unha das seccións.

Montealegre estaba triste pero agora quedou contento e limpo

A nosa “Lei scout” di que as persoas scouts amamos e protexemos á natureza, e estamos moi orgullosos de non facer desta sentencia so unha declaración de principios senón máis ben un principio de acción. E por iso a nosa interrelación co medio ambiente non se basea soamente en gozar da contorna nas actividades ao […]