Grupo Scout ILEX 695

Grupo Scout laico en Ourense

Campamento de verán: fai voluntariado!

Nos scouts tratamos de promover unha educación integral e a implicación social de nenos/as e xóvenes, traballando coa ilusión de construir un mundo mellor. Pero tamén dámoslle a oportunidade a persoas adultas de traballar con este fin, ademais de gañar experiencia e confianza no traballo con menores e, por suposto, gañas de pasalo ben.

Saímos do labirinto!

Entre os días 8 e 12 de abril deste ano, 20 rapaces e rapazas da sección Tropa viaxaron ata o Parque Nacional de Invernadoiro cunha misión. Sobrevivir ao labirinto e desmontar a CRUEL. Así discorreo o campamento inspirado na saga “O Corredor do labirinto”.

Sábado especial para a Manda

O pasado sábado 18 de marzo foi un día moi especial para a nosa Manda do pobo libre: fixemos de master chefs e elaboramos as nosa propia comida! Unha rica e deliciosa pasta. Comezamos pola maña elaborando a masa para elo: primeiro lavámosnos ben as mans e despois puxémonos á faena. Baloo repartiunos nun prato […]

A Tropa recorrerá o Parque Natural O Invernadeiro

Se aproximan as vacacións de Semana Santa, e por suposto parte delas as pasaremos de campamento. Nesta ocasión achegarémonos ao Parque Natural O Invernadeiro, situado no término municipal de Vilariño de Conso. Aloxarémonos no Aula da Naturaleza de Ribeira Grande, onde pasaremos 4 días, do 8 ao 11 de abril, e que servirá de base para […]

Campamento Xogwarts de maxia e feiticería

26 de decembro do 2016. Era un día fresco e soleado. Xuntámonos no punto de encontro. Alzando a mirada, podíase distinguir unha sinal: Andén 9 e ¾. A maxia estaba a piques de comezar. Así comezou o noso campamento de inverno, que se desenrolou entre o 26 e 29 de decembro. O autobús Expreso nos […]

Exploramos as Corcerizas

Comezamos a ronda con moitísima ilusión! Os días 7, 8 e 9 de outubro 52 persoas, entre lobetos e lobetas, tropeiras e tropeiros, e scouters, pasamos un fin de semana de campamento fantástico mentres exploramos a Serra de San Mamede. Neses 3 días deunos tempo a facer un montón de cousas, queredes saber ver que? […]

Campa de verán: guinda final a un ano único

Noites de verán con miles de estrelas, acampadas afastadas da civilización, divertidas cancións a voz en grito, retos máis que superados, apertas e moitas, moitas emocións. O campamento de verán constituíu unha experiencia marabillosa na que todas e todos aprendemos mentres nos divertíamos, crecendo a partir das responsabilidades e da autonomía que a vida nun […]

Proba a experiencia scout cun campamento ¡gratuito!

Xa estamos de volta para a nova ronda 2016/2017! E debido á boa acollida que tivemos o ano pasado, comezamos cun novo campamento de 3 días totalmente gratuíto para rapazas e rapaces de 8 a 16 anos. Queremos celebrar o reinicio das actividades cun campa accesible para todo o mundo, onde reencontrarnos coas rapazas e […]

Campamento de verán: celebra con nós o fin de curso!

As clases a piques de rematar, o verán xa quere comezar… chega o momento de pensar nas vacacións! E dende o noso grupo queremos celebrar con vós o fin da rolda de actividades. Para elo presentámosvos esta proposta que estamos seguros que será do voso agrado: comeza o verán cun campamento de 6 días rodeado […]

Sendeirismo pola Ribeira Sacra

O próximo fin de semana, 4 e 5 de xuño, desenvolveremos co Club Alpino Ourensán unha ruta de sendeirismo, unindo nunha mesma actividade deporte e aventura, e aproveitando para compartir experiencias entre asociacións ourensás. A actividade terá lugar no concello de Parada de Sil, na Ribeira Sacra e o canón do Sil, seguindo o percorrido do […]