Infancia con dereito a participar e método scout

Aprender a participar, participando

 

Este mércores, 20 de abril, explicaremos na Facultade de Ciencias da Educación en Ourense, os fundamentos educativos do método scout e a súa potencialidade para canalizar o dereito participación infantil e xuvenil, de aprender a participar, participando. Será na Facultade de Ciencias da Educación, na Aula 1.5 a partir das 17:30 horas.

Nenos, nenas e adolescentes teñen universalmente recoñecidos os seus dereitos dende hai pouco máis que media centuria. A Convención sobre os Dereitos dos Nenos e as Nenas leva é o tratado internacional máis ratificado da historia. E o máis importante: desde 1989 a infancia convértese en suxeito de dereito e deixa de considerarse como mero obxecto de protección.

Algúns dos seus dereitos son bastante evidentes, mais outros pasan desapercibidos e algúns deles cústalles saír do papel impreso do tratado para plasmarse en realidades, mesmo en sociedades presuntamente avanzadas e dotadas de recursos como a nosa. Entre estes dereitos nos que aínda hai que encher de contido está o da participación, e nesta pequena xornada imos ver de que se trata iso.

Scouts: Educación baseada nunha participación real

Os e as scouts constituímos unha entidade educativa que ten como fin último a educación e ao desenvolvemento de rapaces e rapazas a través dun sistema de valores para axudar a crear un mundo mellor onde as persoas poidan desenvolverse como individuos autónomos e xogar un papel construtivo e activo na sociedade. E para iso preparamos espazos de participación onde nenos, nenas e adolescentes poden ser protagonistas da súa aprendizaxe e na toma de decisións.

E como o facemos todo isto? Pois non se trata de ningún secreto senón dun xeito de traballar deseñado a partir da influencia de diversas correntes de pensamento en educación e pedagoxía e que foi evoluindo e diversificándose co paso do tempo. Se estades interesados contámosvolo nunha breve sesión, coa colaboración do profesorado da Universidade de Vigo, no que presentamos o método scout como ferramenta para artellar a participación de infancia en mocidade de xeito que aprendemos todos e todas a participar … participando.

Vémonos na Aula 1.5 na Facultade de Ciencias da Educación (edificio de ferro) no Campus de Ourense, este mércores 20 de abril de 2016, ás 17:30 horas, nesta sesión que forma parte do noso proxecto “SI AS NENAS/OS NON VAN A XOGAR, O XOGO IRÁ ÁS NENAS/OS” apoiado por ASDE – Scouts de España, federación da que formamos parte, da súa campaña “Ludotecas Infantiles“.

Ludotecas infantiles ASDE

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.