Apoiamos a Marcha Mundial polo Clima en Ourense

logos marcha mundial clima paris 2015Desde o Grupo Scout ILEX 959, ao igual que o fai ASDE – Scouts de España a nivel estatal, apoiamos a Marcha Mundial polo Clima que durante o 28 e 29 de novembro, horas antes do inicio do crucial Cumio do clima que se celebrará en París. Miles de cidades, desde Sidney ata Río de Janeiro, albergarán marchas multitudinarias e accións cidadás que se unirán baixo una mesma petición: esixir aos líderes mundiais un acordo xusto, ambicioso e vinculante que evite as peores consecuencias do cambio climático e acelere a transición cara a un modelo enerxético 100% renovable.

macha polo clima

 

Nós, como membros dunha cidadanía responsable, esiximos un cambio de modelo ante o encontro máis importante da década e animámovos a todas e todos a participar no evento que en Ourense consistirá nunha manifestación o 29 de novembro, con saída ás 19:00 horasdende a Praza Maior ata a Ponte Romana, onde se realizará unha lectura do Manifesto.

A protección do Medio Ambiente é un dos principios básicos do movemento scout e é por iso que vos pedimos que teñades moi en conta esta actividade e que fagades o posible por participar xa que estamos nun momento de vital importancia para cambiar o rumbo do noso planeta.

Alianza polo Clima, responsable das convocatorias en España, insiste en que xa non existen dúbidas sobre os impactos do cambio climático e a responsabilidade humana nel, debido aos nosos hábitos de produción e consumo insustentables; e instan os Gobernos a pechar un acordo ambicioso que poña rumbo a n futuro onde non se emitan á atmosfera gases de efecto invernadoiro.
É a primeira vez que organizacións tan diferentes únense nunha mobilización sen precedentes no noso país porque se acaba o tempo para frear o cambio climático e asegurar a nosa supervivencia no planeta.

Alianza polo Clima salienta que o cambio climático afecta cada vez de xeito máis severo a todas as persoas, rexións, ecosistemas e economías; incide negativamente na saúde e na esperanza de vida de moitas poboacións, así como no mantemento de diversos sectores produtivos e empregos; impacta na destrución acelerada da biodiversidade, e dispara os custos económicos e sociais que moitos países ven forzados a afrontar para paliar os seus efectos.

Representantes do mundo da cultura como Ana Belén e Víctor Manuel, Icíar Bollaín, entre outras, apoian publicamente a mobilización, e prestan a súa voz a un vídeo o seguinte vídeo no que nos instan á mobilizarnos este 29 de novembro.

Por París, e por todo o que nos xogamos no cume climático, que o 29 de novembro ninguén quede en casa. Tras o anuncio das autoridades francesas no que por motivos de seguridade quedan canceladas as marchas que ían ter lugar en París; Alianza polo Clima convida os cidadáns e cidadás a participar con máis determinación que nunca na mobilización nas nosas cidades, como símbolo de solidariedade cos parisienses que non poderán saír á rúa, e para que as nosas voces resoen altas e claras na COP de París.

Alianza por el Clima está composta por: Coalición Clima, Coordinadora de ONGD, Cumbre Social, Foro de Acción Rural, Plataforma por un Nuevo Modelo Energético,Plataforma Rural, Plataforma Tercer Sector, Avaaz, ECODES, CCOO, UGT, USO, UPA, COAG, CECU, Asgeco, Hispacoop, Manos Unidas,InspirAction, ONGAWA, Oxfam Intermon, Caritas, Alianza por la Solidaridad, REDR, REDER,Aproca, Fundación Renovables, Acción en Red, ECOOO, ATTAC, WWF, SEO/BirdLife, Greenpeace, Ecologistas en Acción, Amigos de la Tierra, Fundación Global Nature, 350BCN, Xarxa per la sobirania energética, FSC, Naturalia ailarutan, Movimiento Católico Mundial por el Clima, Decrece Madrid, Escuelas Adventistas, ASDE Scouts de España..

Para saber máis:

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.